Son o profe Manolitus e esta é a entrada de MATES PC do voso blog de aula: "cousas de cuarto". Xuntos resolveremos enigmas e melloraremos a nosa destreza informática...
TAREFA 1: Xa gardáchedes o enderezo da páxina web do blog na barra de Marcadores? Para facelo segue as explicacións do profe...
MOI
BEN! Isto vainos servir para non ter que teclear o nome da páxina cada
vez que queiras entrar. Deste xeito podes acceder ao blog cun só click!
TAREFA 2: Xa aprendeches a crear cartafoles e mover arquivos? XENIAL!
É
fundamental ter as cousas ben ordenadas para atopar axiña o que queres.
TAREFA 3: Pois entón agora preme AQUÍ para comezar cuns PASATEMPOS que nos axudarán no emprego do ordenador, o uso do rato e todo o demais...
Tamén podes xogar con este XOGO DE FACER PARELLAS
TEMOS QUE COLLER PRÁCTICA! Repite os exercicios cando queiras dende calquera ordenador, incluso na casa, tecleando o nome deste blog: cousas de cuarto.
Non é tan difícil usar os PCs verdade? Unha vez nos liberamos do medo a
manexar o ordenador ireivos poñendo as distintas tarefas do curso...
ACTIVIDADES DO CURSO:
Preme nos enlaces que hai a continuación e PRACTICA XOGANDO!
1. MANEXO DO NÚMERO:
ESTRATEXIAS PARA CÁLCULO (xogos 1, 2, 3, 4, 5, 7)
SUMA RÁPIDA: XOGO DOS DADOS (xogos 8, 9 e 10)
Repaso das TÁBOAS DE MULTIPLICAR (Cando teñas as táboas ben clariñas, neste mesmo enlace entra no Xogo do rato ou na Tabla Pitagórica/xogo da rá).
A CARREIRA DAS RÁS (suma, multiplicación, resta)
BUSCA OS NÚMEROS ESCONDIDOS (suma, multiplicación, resta)
ENCONTRA OS NÚMEROS PERDIDOS (suma, resta, multiplicación e DIVISIÓN)
VARIOS XOGOS DE CÁLCULO NA GRANXA (suma, resta, multiplicación)
Repaso de varios aspectos da MULTIPLICACIÓN:
(ENTRA E PINCHA NO QUE QUEIRAS REPASAR: PROPIEDADES/ MULTIPLICAR POR 10, 100.../ ESTIMACIÓNS/ PROBLEMAS/ DOBLE, TRIPLE)
Eres d@s que lle gusta o cálculo tradicional? Podes repasar aquí todo tipo de OPERACIÓNS TRADICIONAIS.
3. FRACCIÓNS:
Os demais temas chegan algo tarde porque llos tiven que sacar ao meu can Froilán da boca...