Xa gardachedes a páxina web do blog na barra de Marcadores? MOI BEN!!
E xa aprendeches a abrir cartafoles e mover arquivos?? XENIAL! É fundamental para ter as cousas ordenadas e atopar axiña o que queres.
Pois agora preme AQUÍ para comezar cuns pasatempos que nos axudarán no emprego do ordenador, o rato e todo o demais...
TEMOS QUE COLLER PRÁCTICA!!
Non é tan difícil usar os PCs verdade? Unha vez nos liberamos do medo a manexar o ordenador irei poñendo as distintas tarefas de cada mes...
ACTIVIDADES DE OUTUBRO:
Aínda non hai nada? Que sorte tedes... debeunas de comer o meu gato... xa volo presentarei... FROILÁÁÁÁÁÁÁÁÁÁÁÁÁÁNNN!! AS TAREFAS DE CUARTOOOOOO!!
TAREFAS DE NOVEMBRO: Preme nos enlaces e PRACTICA XOGANDO!
Palabra secreta (operacións combinadas)